CAST / GAL

Volta da uni.
Anaix, 18, Santiago de Compostela

Non sei por que sempre volvo a esta estación, nin por que o reloxo semella deter o meu latexar cando pecho os ollos. Só sei que algo —máis forte ca o tempo— me empurra a agardala. Imaxínoa entre a xente: máis alta, máis libre, pero aínda cos meus lunares nas meixelas. Tras uns minutos o seu riso chegarame antes ca os seus pasos. Non diremos nada. Só nos miraremos como quen regresa ao comezo do mundo. Nai e filla, lúa e estrela. Porque ao final, non agardo polo destino. Agárdoa a ela. Agárdome a min.
Compartir: