Raíces
Raquel, 51, Ferrol
Cortaron as pólas,
arrincaron as follas,
cubriron a terra con outras voces.
Pareceu que a árbore morrera.
Chamaron progreso ao machado,
modernidade ao silencio.
Pensaron que abondaba.
Xa non se escoitaba o seu nome nas escolas,
nin nas cartas,
nin nos soños
de quen quería medrar.
Mais as raíces
non entenden de silencios.
Quedaron.
Agachadas. Teimosas. Agardando.
E cando chegou a chuvia,
a mesma árbore
volveu vestirse de verde.
Algúns chamárono rexurdimento.
As raíces,
simplemente,
nunca deixaran de falar.
arrincaron as follas,
cubriron a terra con outras voces.
Pareceu que a árbore morrera.
Chamaron progreso ao machado,
modernidade ao silencio.
Pensaron que abondaba.
Xa non se escoitaba o seu nome nas escolas,
nin nas cartas,
nin nos soños
de quen quería medrar.
Mais as raíces
non entenden de silencios.
Quedaron.
Agachadas. Teimosas. Agardando.
E cando chegou a chuvia,
a mesma árbore
volveu vestirse de verde.
Algúns chamárono rexurdimento.
As raíces,
simplemente,
nunca deixaran de falar.