Destino
Elena, 51, Lugo
A chamada remata cortante coma o coitelo. Collo o coche para fuxir ao mar pero a carretera decide outro sentido. O destino xoga conmigo? Coma guiado por raís remato no río, a carón da Fervenza. O móvil sen cobertura, café de pota, crucigrama aberto e sen bolígrafo o camareiro ofrécemo e, por primeira vez, fíxome nel. Comeza a conversa na tarde lixeira. A dor esvaece, a serenidade volta a min. Sorrisos, miradas, parrafada interminable. Un ata mañá, sen nomes, unha esperanza nova. O destino ri, tráeme a él. Cerro unha porta abro unha xanela. Un novo camino noutra dirección.