Somos granito
Marta Arosa, 30, Bueu
Resistente. Antigo. Teimudo. O granito non se rende ás tormentas nin ao sal do Atlántico; deixa que o tempo pase por enriba del sen perder o seu celme.
Somos castrexos soñando co horizonte no fin do mundo, romanos trazando camiños e erguendo cidades, trobadores poñéndolle música á nosa lingua. E tamén somos séculos de illamento, pobreza e emigración. Mudaron os reinos, as crenzas e os nomes. Nós tamén mudamos, pero seguimos aquí.
Porque aprendemos a cambiar sen romper, a resistir á forza do vento e do mar, pero sempre, sempre, sostendo a nosa terra. Como o granito.