Nada, grazas.
Gaia, 57, Viveiro
Non necesito nada, grazas. Esa foi a resposta que lle din. Ela é de África; si, negra. Eu, 93 anos, branca e filla de militar. É a miña asistenta (palabra fea). En realidade, é a miña amiga. Descubrín que era adoptada e veu para Galicia de nena. Coa rutina todo se converteu nun gran cambio. Soubo darme ese bico, aloumiño e agarimo que tanto necesitamos as persoas maiores e que non nos atrevemos a pedir. Branco e negro, Europa e África, mocidade e persoas maiores non están tan afastadas como pensamos. Ese "Nada, grazas" era un "Necesito todo".