E o gañador é...
Cafra, 55, Carballo
Sempre pensei que se podía loitar contra el, que se podía gañar... Os meus pensamentos seguían naquela noite e na posibilidade de que se obrase doutra maneira hoxe non estaría nesta situación, mesmo podería.... Quen sabe..... O medo recorría o meu corpo, notaba unha suor xeada esvarándome polas costas, tentaba ver todas as opcións que tiven nalquel momento e en todas eu saía perdendo, a cabeza non era quen de atopar unha solución. Quizáis o mellor sería darme por vencida dunha vez e asimilalo, ao fin xa non había volta atrás, así que "xaque mate"!