Bodegón de laranxas
Saúl, 37, A Coruña
Pasei toda a vida na procura dunha quimera, maquinando solucións para problemas que realmente non eran tal. Agardaba un momento óptimo, un acontecemento futurible que quizais me revivise, deses que se ven nos telefilmes. Tiven pinceladas de certa quietude e mesmo albisquei, por momentos, algo parecido á felicidade. Pero pagou a pena?
Tanto esforzo para caer na conta, xa cara ao final dos meus días, de que aquilo era irrelevante e a mellor meta posible era ben frugal: saborear unha laranxa da horta, ao solpor, arrodeado dos meus netos.