Da precariedade tamén se aprende.
Chus Iglesias, 55, Santiago
A vida é unha sucesión de cambios, ós que hai que ir adaptándose.
Eu nacín nunha casa sen auga corrente e cunha bombilla de 40. Onde se me quería bañar, tiña que quentar a auga no pote e logo encher con ela o balde de cinz que se poñia na corte. Alí podía ter intimidade e a calor dos animáis. Ademáis de mollar o chan de toxo, canto quixera, sen medo a estragar o piso. Víao como algo incluso divertido, porque xogaba a escapar do rabo das vacas, cada vez que estas, querían espantar as moscas.
Todo é saber adaptarse!