CAST / GAL

A morte do pai
María, 63, Santiago de Compostela

Angustiaballe que o sepultureiro rematase o seu traballo. Iso significaba que agora sí, estaba só.
Desexaba que lle botasen cemento nos pés para non ter que dar os pasos necesarios cara a vida; non sabería facelo sen el . Víase de súpeto como un reloxo coas engrenaxes enferruxadas, incapaz de dar a hora. Como unha brúxula sen norte.
Maldixo o seu pai por non lle ensinar a camiñar por si, a perder o medo a xente, a vivir.
Agora só lle quedaba enfrentarse a unha odisea.
¿Sería quen de aturar tanto cambio sen crebar?
Compartir: