Encontros no regato
O neto da María, 64, Parderrubias
Aquela maña estaba o Ramonciñó botándolle un pitillo na beira do regato esperando que o seu saco de millo fose moído polo muíño do Pepiño cando de repente oíu un ruido como se alguén viñese, o ruido estaba mitigado polo ruido do regato que daquela aínda levaba bastante agua, de repente a poucos metros estaba unha raposa cun rabo longísimo mirando po Ramonciño fixamente, viña beber ó regato.
O destino quixo que aquel encontro entre dúas almas solitarias só con unha mirada dese moito de si, unha mensaxe de respecto e recoñecemento, cada un cos seus problemas e vivencias.
O destino quixo que aquel encontro entre dúas almas solitarias só con unha mirada dese moito de si, unha mensaxe de respecto e recoñecemento, cada un cos seus problemas e vivencias.