CAST / GAL

Os cambios que non quero cambiar
Ángela, 56, Bertamiráns (Ames)

Na miña biblioteca teño os libros cos lombos desgastados e as páxinas amareladas, testemuñas de días e noites onde o café arrefriaba xunto ás miñas dúbidas. Non cambiaría ningunha engurra das follas nin o arrecendo do tempo pasado nin as manchas que contan onde me detiven a pensar.
?O que contan non importa, o valioso é o rastro da viaxe. É a proba de que o libro non só o lin, tamén o vivín. Esta imperfección é miña e defíneme. Ao final, a miña librería é o único espello fiel que gardo.
Compartir: