O ESPERADO
Mariola BC, 56, A Coruña
Facía xa moitos anos que os veciños da nosa pequena aldea non nos xuntábamos debaixo da carpa a mirar.
Onte houbo festa festeira. Veu o tractorazo de limpar as cunetas do concello e tirou con todo o cableado vello da luz e cos postes de madeira xa carcomidos de vellos tamén.
Chegou a policía local, protección civil e dous camións de bombeiros que quedaban de postal, con toda a súa armamentística e os seis operarios, todos eles delgadiños e de porte rexio.
Era o noso sono e o noso desvelo. O destino presentábase ao fin disfrazado de tecnoloxía e progreso.