CAST / GAL

O ano que pasou páxina
Ariadna, 24, Cangas do Morrazo

Xaneiro. O frío traspasa as fiestras. Febreiro sabe a Entroido e a namorados. Marzo amosa as flores que coa chuvia de abril medran. Maio prométeme un verán que ocupa xuño, xullo e agosto. Setembro despide ás areas; outubro éncheme de chulas, novembro de cogomelos.

Lendo a García Márquez, sinto que a miña vida tamén é circular.

Pecho o libro. Sorrís.

Decembro recolle o ano e volve xaneiro. O frío aumentou. Febreiro non arrecende a amor e as flores de marzo non teñen destinatario.

Hoxe, ao rematar o capítulo os cen anos de soidade xa non son de Macondo. Son meus.
Compartir: