CAST / GAL

O niño
MARTA, 43, VIGO

Ven parruliño, déixame darche una aperta, dicirche outra vez todo o que te quero, que teño morriña de ti, que escápasme un pouco cada día e estes cambios cóstanme. Orgullo e nostalxia mestúrante con recordos de cando estabas no cascarón; recorda que estou aquí para ti, voa alto pero paseniño, distruta das vistas e volve ao niño cando queiras acubillo e aloumiños. Adáptate e aprende do ecosistema, serás quen de darlle máis vida e cor, alónxate de contornas hostís e achégate a quen che faga feliz. De novo, agradezo a vida o poder verte medrar.
Compartir: