CAST / GAL

Sen cambios
Xandra, 21, Oleiros

Un eclipse. Un fenómeno secular; misterioso, abraiante. Un recordatorio de quén somos, de onde estamos: atrapados nunha bola colosal que frota no baleiro dun Universo infinito. Un recordatorio do sós que estamos, nun planeta que estamos afogando. Parece que nos abre os ollos ao perigo dos cambios e que, paradóxicamente, nos motiva a cambiar, a loitar polo noso futuro.

Pero, cando o Sol reaparece, e a luz desperta os aplausos da xente, volvemos ao noso feliz presente. Unha vez máis, esquecemos a historia das xeracións pasadas, e volvemos a cometer os mesmos erros.
Compartir: