NOITE PECHA
O Barto de Valdeorras, 31, Moraña
Era noitevella no país dos ananos. As uvas agardaban nas mans polas doce badaladas que endexamais chegaron. O reloxo comezou a andar cara atrás.
Primeiro pensouse que non era posíbel (a pesar das historias que contaban os máis vellos). Despois chegaron os problemas: en novembro os actos xa non tiñan consecuencias, en xullo xustificábase todo porque todo xa se tiña feito antes; e en maio xa non había novas ideas, polo que se impuxeron as vellas.
Finalmente os mortos saíron dos buratos e desenterraron as enferruxadas escopetas. Moitos fuxiron e a primavera dou paso ó inverno no país dos ananos.