CAST / GAL

Ningen Mudou
Maria Alicia, 56, Cambre

Era vello de mais para correr entre o Millo, para fuzar na Terra, para apañar cagados Nas pozas, era vello de mais, e na sua cachola so bulian as verbas dos expertos, aqueles que xa camiñaron entre os Lobos nas noites de Xeada.
Os seus ollos falaban a miudo, Co acento dos Fortes, de Vagar, como o arco da Vella, sen facer ruido, sempre tan Certo, tan leve, Etéreo. Neses tempos de vellos, a miudo atopeime cun neno, que corría no vento, que pensaba tan Cedo, que por pouco e por nada, nunca chegou a vello.
Podía cambiar o Mundo.
Compartir: