CAST / GAL

GÁRGOLA
Óscar, 73, 15704 - Santiago de Compostela

Sí, queren que me convirta nun GROTESCO, pura fachada.
Adorno inútil coa boca pechada para sempre, cun sorriso que non é de demo, que é de pura frustración.
Horror conxelado, sen unha gota de auga que canalizar.
Eu era un desaugüe decorado, que sobresaía do tellado e afastaba a auga da chuvia das paredes de pedra, para protexelas de danos.

É fascinante, agora son espectador silencioso da miña propia obsolescencia.
Funcionario xubilado do drenaxe, obrigado a vixiar a eternidade cun bozal de granito.
Quero seguir sendo GÁRGOLA funcional, mantendo a boca aberta, como criatura mitolóxica.

Non quero ser unha fotografía.
Compartir: