Non fun eu
Mer, 31, Vigo
«Se a bóla entra na papeleira, estudiarei catro horas seguidas.»
Uxía deixaba que o azar ditase as súas accións. Así, nunca se sentía decepcionada se non acadaba un obxectivo e cría firmemente que os seus logros estábanlle predestinados. A papeleira estaba a carón da mesa.
«Se a seguinte persoa que pase leva bufanda, estudo unha hora máis.»
Vivía allea ás preocupacións, sen sentido da responsabilidade sobre o que lle acontecía. Vivía neciamente feliz. Era decembro.
Uxía tivo unha carreira académica excelente, segundo ela foi o destino.