Soa
Carmen, 54, Santiago de Compostela
Os cambios na miña vida desta casa chea de peliños de gatos, unllas, miaus, patiñas, area por todos os lados e recoller cacotas. Chegar de traballar, abrir a porta e que te reciban cun miau, que te estires no sillón e se poñan a mimir, todos estirados ao lado, ca cabeciña na barriga, que durman na túa almofada, ouvindo os seus motorciños. Dazaoito anos, e agora estou soa. Ninguén me espera. Adeus Yang, Marcos, Negri, Sheba, Maña, Rabita e a miña pequecha Amy. Canto os boto de menos. Daría todo por volver atrás de novo. Quérovos moito, meus nenos.