CAST / GAL

ÚLTIMO VOO
A Peonza, 16, Santiago de Compostela

Unha familia discutindo sobre os plans daquel día.

Unha parella ultimando os detalles da súa lúa de mel.

Un neno emocionado por volver a ver ao seu avó.

Unha rapaza buscando comezar unha nova etapa da súa vida noutro lugar.

Tres homes intentando escoller unha película.

Os choros dun neno pequeno reinaban naquel caos.

- Queridos pasaxeiros, estamos perdendo o control da aeronave, prepárense para o impacto.
Compartir: