O concurso
En Gadis sempre hai un lugar para demostrar a túa creatividade. Por iso, poñemos en marcha a VII edición do Concurso de Microrrelatos de Gadis Supermercados, baixo a temática “OS CAMBIOS”. Podes consultar as bases legais.
Para participar, só tes que enviarnos o teu microrrelato, dun mínimo de 3 a un máximo de 100 palabras sobre a temática proposta. Podes participar en galego ou en castelán e debes indicarnos os teus datos no formulario de participación. O teu nome ou pseudónimo, idade e cidade serán públicos.
As participacións recibidas serán revisadas e publicadas nesta web e os relatos finalistas serán incluídos nunha edición especial impresa que se repartirá en Supermercados Gadis en outubro deste ano. Consulta a información relativa á cesión do teu microrrelato.
De entre todos os relatos finalistas, seleccionaranse 3 gañadores que poderán conseguir un EBook e vales de compra para Gadis Supermercados. Tes toda a información nas bases de participación.
Podes participar ata o 16 de agosto!