Unha escuridade luminosa
Marta Coumen, 54, A Coruña
Unha escuridade luminosa é a que nos acompaña, e nos vai acompañar todo o resto da nosa existencia, a quen a morte nos arrincou ao amor da nosa vida.
Ese momento cambiounos pra sempre. Co tempo, e con sorte, con axuda, saimos da escuridade da dor, enchendo o valeiro da pérdeda coas lembranzas compartidas.
A nosa ollada ante a vida cambia sen remedio, sen posibilidade de voltar a ser quen xa non somos, porque agora posuimos un poder que antes non tiñamos, o de ser capaces de camiñar na vida a través dunha luminosa escuridade.