CAST / GAL

O cambio invisible
Nilotna 83, 43, Monforte de Lemos

A airexa traía ruxerruxes dun mundo que se alteraba nun silencio calmo. Ninguén vía nada, porén todos percibían un tremer maino, coma un palpitar invisible e fixo. As árbores ladeábanse un chisco cada día, os ríos procuraban novos vieiros polos que discorrer, os animais semellaban estar nunha alerta persistente e mesmo as rochas parecían querer respirar. Todos dicían que eran invencións e algueiradas, mais eu sabía con convencemento que os cambios avanzaban silandeiros maquinando os alicerces dun futuro incerto e tebroso.
Compartir: