Conta atrás
Isabel Garrido, 27, A Coruña
Máis de cen veces pensara na maneira en que morrería, pero sen dúbida xamais vislumbrei acabar deste xeito: morrer por alguén. Poético coma unha película en branco e negro.
Noventa segundos que semellaban ser oitenta anos nun reloxo que prognosticaba un final inevitable.
Sempre pensei chegar a vella. Quizais morrer con setenta, no porche da miña casa no campo, con sesenta e un ataque ao corazón…
Morrería cincuenta veces máis por ela.
Corenta bestas nos rodeaban, a trinta minutos da media noite.
-Vinte aquela primeira vez e non dubidei.
O destino reservárame esa noite para salvarte.
Conta atrás dende dez…