Donde o alén
Maite, 70, Monforte de Lemos (Lugo)
Facía xa uns meses da súa morte. Eu seguía, sigo a botalo de menos.
Era unha tarde de solpor.
Na parede do salón apareceu clara a súa imaxe.
Pensei, imposible, é a miña imaxinación.
Pero ao día seguinte, repetiuse, e ao seguinte.
Para asegurarme, fíxenlle varias fotos.
Non había dúbida, o meu gato Ciro, viña dende o alén á mesma hora, na que soía relamerse para pedir a súa merenda.