CAST / GAL

Brétema ante os seus ollos
Luciferix, 45, Vigo

Vivía ao seu carón, mais ela non o vía; a súa presenza era só brétema ante os seus ollos. Intentárao todo para acadar a súa atención, pero seguía a ser invisible. Un día decidiu forzar ao destino: respirou fondo, achegouse e díxolle “Ola”. Ela pasou por diante, rozando a súa alma, e entón comprendeu: xa non estaba alí, a súa ilusión nunca se cumpriría. Cando? Como? As preguntas agolpábanse na súa mente... e lembrou. Xa tivera valor: salváraa do atropelo. Agora si, ela vivía. E el, por fin, tamén.
Compartir: