A MELODÍA DO DESTINO
Ghaiteiro de Estribela, 50, Barro
Sempre creu que a súa vida sería unha partitura de grandes escearios e aplausos. Pero o destino, como unha canción sen escribir, levouno a unha aula pequena, chea de risas desiguais e ollos curiosos. Os seus acordes xa non eran para públicos anónimos, senón para nenos que escoitaban a música co corazón.
Un día, Manuel un neno con síndrome de Down que nunca falara, agarrou a gaita e, coa súa axuda, emitiu unha nota. Foi o seu maior concerto. Alí, entre miradas puras, atopou a súa verdadeira sinfonía.
Un día, Manuel un neno con síndrome de Down que nunca falara, agarrou a gaita e, coa súa axuda, emitiu unha nota. Foi o seu maior concerto. Alí, entre miradas puras, atopou a súa verdadeira sinfonía.