CAST / GAL

Este é o destino
Adrián Sierra, 23, A Coruña

Fico traballando un día máis. Hai dous meses que teño este traballo. A verdade é que non me disgusta demasiado. Teño unha cadeira, unha pantalla e un rato. Teño tamén un soldo, que non me chega para ter moitas máis cousas.

Esta é a vida adulta segundo meus pais. Cando era pequeno, sempre quería ser coma eles, ser maior; agora que o son, non fago nada máis que mirar cara ao pasado.

Antes cría que estaba destinado a algo grande —tal vez ser escritor ou músico—, pero agora sei que o meu destino, e o de todos, é este.
Compartir: