CAST / GAL

Arbitrium acotado
Vero, 34, A Coruña

É o destino unha páxina en branco que imos enchendo coas nosas decisións?
Somos árbitras do que acontece ou, pola contra, todo está escrito e torna irreversíbel?
Ortega y Gasset afirmou: “yo soy yo y mis circunstancias”, máis quen delimita as mesmas?
Escolleu libremente a persoa que chega en patera na procura dunha vida mellor? E a que roubou para comer?
Gozamos algunhas dunha maior liberdade sustentada na miseria e opresión doutras?
Como dixo Isaiah Berlin:
“Estou disposto a sacrificar parte da miña liberdade, ou toda ela, para evitar que brille a desigualdade ou se estenda a miseria”
Compartir: