CAST / GAL

Tres rosas
MALA Fernández, 66, Ames

Apareceu despois dun mes. Enviou un WhatsApp coma se nada sucedese. Quizáis pensou que a foto coa outra muller desaparecera entre as brétemas do Etna.
—Véxote radiante. Quedamos esta finde?
Percibín a trampa, pero aceptei: quería velo.
—Falamos, chámoche mañá.
Non houbo chamada. Tres días despois, no seu perfil, apareceron tres rosas. Non me inmutéi. Para quen serían?
Pasaron cinco días. Sen regar, as súas rosas murcharon mentres escribo a miña despedida:
Nin ti me podes envolver na túa escuridade, nin eu apagar o meu brillo. Non compartimos destino.
Bicos, Vicente.
Compartir: