CAST / GAL

A despedida é o único destino
Sara Bertojo, 39, A Coruña

Unidos polo mesmo destino: tan só queda saber se desde unha cama articulada no hospital, desde unha padiola no corredor de urxencias ou, os máis afortunados, desde onde están os soños, aniñados na calor da manta do fogar. E, aínda que camiñamos todos cara á escuridade, onde os ollos fican pechados, podemos facelo coas olladas dos que nos quixeron gravadas na retina ou na máis fonda soidade.
Compartir: