Anicca
Lis, 57, Lugo
Nada había. Nada podía cambiar, así que cambiou. Da nada, de Sunyata, a vacuidade, xurdiu un punto que o contiña todo.
Todo non collía no punto inicial, así que estoupou. O Big Bang, unha grande explosión que liberou o tempo e o espazo. Neles apareceu a luz. E na luz, átomos, estrelas, galaxias, planetas, a vida, a morte, o amor. Ti e eu. Todo en continuo cambio, en expansión. É Anicca: a impermanencia, a transitoriedade.
Quizás nalgún momento todo se contraia de novo noutro punto. Como nesta historia, no punto final.