DE SÓLIDO A LÍQUIDO
Dorah, 54, Viveiro-Lugo
Achegábase o momento, se quería conseguir a sensación inequívoca, tiña que dar o paso. Era mellor facelo gradualmente, outros preferían facelo rápido. Primeiro os pés, logo os xeonllos, pasar da barriga era o que mais me costaba, estirábame ata medrar cinco centímetros, e cando xa non podía dar mais de min... non me quedaba outra que abandonarme a ser devorada polo microtsunami e disfrutar de sentirme sostida, e voar nas líquidas augas