CAST / GAL

Só eu son o dono do meu destino
Juan Antonio, 48, A Coruña

No colosal auditorio da capital do mundo celebrábase a xunta de accionistas da maior entidade da economía global. Unha escintilante estrela do espectáculo pediulle con remunerado entusiasmo ao seu presidente que subira á palestra. Coas mans sobre a mesa o gran xefe berraba: "aquí estou, guiando contra os elementos e contra o destino mesmo, porque a vontade todo pode e vence os obstáculos todos"... Foi daquela, despois dunha terrible explosión, que apareceu un burato no teito, e un lóstrego revirouno todo, deixando do xefe só unha morea de cinza igual que un tocón despois de arder na cheminea.
Compartir: