AVOA MARIA
Paula, 37, A Coruña
A avoa María dicía que a vida de cada un de nós semella unha candea de cera, que arde ata esgotarse e a sua luz se apaga, ó mesmo tempo que o noso alento tamén o fai.
E imaxino, como terá as mans e a faciana "ese" que acende a que nos corresponde a cadaquen e que se vai consumindo ata esmorecernos?
Será que, as veces, sopramos demasiado forte para apurala antes do tempo que nos foi dado ou xa o destino o fixo por nós?
Penso, como a avoa, que nós eleximos pero, ó fin, EL sempre decide.