CAST / GAL

Pulseiras de verán
ESTELA SANDE, 45, NEDA

Unha das lembranzas recorrentes dos seus veráns son as pulseiras: de cordel, abelorios, coiro, aramio, fíos, gomas; trenzadas, de gancho, de nós... Cada verán un cambio, cada cambio unha pulseira, cada pulseira un recordo. E todos eles véñenlle á mente hoxe, unha tardiña de agosto na que á fresca da nogueira da horta acariña a argola que adobía a súa boneca este ano, no que se converte en nonaxenaria. Castelos de area, xogos, pipas, risos, lecturas, noites de verbena, soños, estrelas, bicos, converterse en dous, logo en tres, catro... Primeiros e últimos pasos da vida. E sempre mudando.
Compartir: