CAST / GAL

O fío invisible
Sofrey, 42, Barreiros, Lugo

Sofía tecía o seu soño con fíos dourados, cada novelo, unha elección. Cría que era libre, que cada puntada debuxaba o seu propio camiño. Un día, a agulla esvaroulle e picou o seu dedo. Unha gota de sangue tinguiu o seu fío dourado. Ese mesmo fío, invisible ata entón, levouna cara un vello tear, onde un ancián, de ollos simpáticos e sabios, agardaba por ela. "O destino", murmurou, "non é o que tecemos, senón o que nos une". Sofía sorriu. O seu soño non era só dela, era parte dun tapiz moito maior.
Compartir: