CAST / GAL

A aperta infinita
Elena, 28, Lugo

Xa levaba dez días de atraso. Tocaba facer un test. Sería, por fin, positivo? Estabamos a piques de iniciar ese novo e tan desexado camiño? Sería eso o que marcaba o noso destino?
Mentres agardabamos polo resultado, o tempo semellaba pasar cinco veces máis lento. Soou a alarma: xa podiamos miralo. Xireime cara o meu compañeiro de aventuras.
- Recorda, dúas liñas é positivo e unha, negativo- díxenlle.
Xuntos, observamos a proba e soubemos, por fin, que a nosa familia pronto tería outro membro, o que provocou que nos fundísemos nunha aperta infinita, chea de bágoas e de ilusión.
Compartir: