Tempos que mudan
MVP, 52, A Coruña
Sabía que chegaría o momento de botar de menos as mans da cativa apertando as miñas nos nosos paseos.
A escena repetírase durante anos nada máis pechar o portalón e botar a andar pola rúa. A sensación de vagar ao unísono, nunha estraña simbiose, como se unha fose a extensión da outra.
Máis os tempos mudan.
De súpeto, sen previo aviso, a man siamesa torna sombra esquiva, fuxidía, marcando distancia coa ansia de atopar o propio camiño. Agora só resta agardar pacientemente un futuro no que seica recupere a liturxia andante de nai e filla, ao ritmo do gozoso ganchete.