CAST / GAL

O destino de Sabela
Diana M. M, 16, A Coruña

“Que é o destino?”, preguntábase Sabela. Sentou diante dos libros, co café frío e os ollos cansos. Sempre escoitou que o destino xa estaba escrito, mais ela non o cría. Cada páxina estudada era un paso, cada fórmula memorizada, unha chave. A noite era longa, mais tiña a certeza de que, entre apuntes e soños, estaba debuxando o seu camiño. Ao pechar o caderno, sorriu: “o destino, non agarda; constrúese”. Non sabía como ía ser ese destino, pero sabía que sería o seu, gañado co seu sangue, a súa suor e as súas bágoas.
Compartir: