O destino reiníciase
Isabel Leiras, 46, ARANGA (A CORUÑA)
Foi militar, seis anos de orde e disciplina, sabía montar un fusíl cos ollos pechados. Despois, dezaoito vixiando edificios alleos, portas que se abrían e pechaban sen ela. Xente que nin bos días daba. Pensaba que o destino era iso: cumprir e aguantar.
Pero un día, fartouse. Apagou o vello sistema, colleu os trebellos e marchou ao rural. Agora, protexe redes dende unha casiña con leiras, rodeada de galiñas e silencio. Xa non leva fusíl, leva contrasinais. O módem peta cando chove, pero ela xa non.
O destino, entendeu, non se espera: faise.
E se falla… reiníciase.