As estrelas
Fuco Ascón, 54, Oleiros
Deitados xuntos naquela pradería preto do cumio, deixaban vagar as olladas polo ceo nocturno. Unindo puntos como nun xogo infantil, procuraban recoñecer constelacións e planetas, satélites e soles.
Fronte á enormidade do firmamento estrelado, a sinxeleza das súas pequenas cousas: un lene roce, unha mirada tenra, unha palabra agarimosa, un bico trémulo e maila complicidade dunha intimidade compartida.
Comezaba a clarexar, cando subiron pola rampla metálica. Coa rapidez mecánica da costume, comezaron a acender os aparellos electrónicos. Sentados fronte ao panel de mandos da nave, miráronse a través do visor do casco. Preguntoulle: “Destino?”, e ela respondeu: “A seguinte estrela”.