Control de danos
Belensita, 30, Santiago de Compostela
Malia sair no telediario, movilizar duas patrullas policiais e propiciar a redacción de múltiples mensaxes alarmistas en cadea, o veciño do cuarto bouraba na escaleira que a árbore da praza fendida por un raio unha noite de trebón era un verdadeiro perigo público infravaloradísimo. No seu intento de convencer a Dona Amalia de que era vital ser precabida e evitalo de camiño ao mercado, afirmou que se él fose o alcalde, cortaría todolas árbores para que a situación non se volvese repetir.
"Claro", dixolle ela; "tes razón, todos saben que son as árbores as que fan que caian os raios".
"Claro", dixolle ela; "tes razón, todos saben que son as árbores as que fan que caian os raios".