Sobre vivir
Tomás, 22, Monforte de Lemos
Os meus avós partiron coas mans baleiras. No camarote, o seu neniño durmía acurrucado nun cesto, mentres o mar ruxía con forza. Deixaban atrás o tañido das campás, os hórreos baleiros e as gaivotas acechando o porto. Cando a costa desapareceu, tentaron abrir o seu pesado baúl e del brotou un fío de luz que amosaba camiños, nomes e voces aínda descoñecidas. Naquel intre decatáronse de que levaban consigo un pesado tesouro que medraba a cada paso. Unha palabra máxica que, a través dos séculos, vén intrigando o home desde que nace, como a espada de Damocles: O DESTINO.