Case-casa.
Javier, 37, Granada
Perdina en 2022.
Ao ano cambiei de traballo, de cidade, de casa. Cambios bos, se cadra. Deses que te empurran cara adiante sen che preguntar que queda atrás.
Cando un volve á casa —á casa-casa— busca a liña de base, a base-base: a distancia exacta entre quen foi e quen aprendeu a ser. O cable a terra co que descargar o exceso de vida.
Pero ela xa non está.
Ao abrir a porta, só queda un silencio que aínda parece saber quen son.
Perdina en 2022.
Desde entón, a porta segue abríndose.
Da case-casa. Na case-base. Da case-terra.