QUEIMA CONTROLADA
ALGARA, 50, Ribadeo
Arde o vello Hotel no centro da vila, entre as charamenas camiñas cara min co teu sorriso e ollada felina que xa case non recordaba. Nun instante quedo abrasado por dentro, milleiros de hectáreas arrasadas no meu interior cando sinto a túa electricidade en forma de bico. - Buscamos outro sitio? Pillamos uns Kebabs e tiramos á Praza de Billarda. Sentamos e nun instante desatouse o inferno. A nosa tornouse nunha queima totalmente incontrolábel. Ardemos sobre o ardido e o ceo disparounos unha brutal lostregada. Non só nos bicabamos, desafiabamos o destino facendo tremer o universo!