Resóns no ar
Xan das Congostras, 70, O Vicedo
Finalista
A auga trouleaba pola corredoira abaixo borrando as pegadas das vacas, que no bebedoiro mataban a sede repousando do fatigoso traballo.
A natureza calou cando a xugada fixo cantar o eixo do carro, roda vital das aldeas, que carrexaba colleita de todo un ano.
O mato que inza a corredoira empece facer o camiño. Os eucaliptos cobren calquera albisco de ceo que poidan atinxir os castiñeiros.
No ar ainda resoa aquel cantar e o outono teima por guindar do carballo a derradeira folla que atura sen caer.