CAST / GAL

Coma un alicorno
Liam Argall, 65, Vigo

Acariña docemente o rato do computador, achantado entre os seus dedos. As palabras danzan co movemento enérxico da pouca idade. No buscador aparecen as imaxes dos itinerarios máis adecuados, máis desexados. Así que, o usuario atravesa o espazo, nun percorrido virtual 3D que o acerca ao seu destino. Intencionadamente, crea unha nova identidade e parte cara á metrópole da súa elección.
Coma un alicorno, irradiando belas cores, entra no paraíso.
Compartir: