Insinuacións do destino
Adansonia, 26, Sada
Unha partícula vaga, sen rumbo, a través do espazo e tempo. Cansa de buscarlle sentido á súa deriva xiratoria. Abandónase na boca dunha ostra, desexando o fin do vaivén.
A ostra, permanece inmóbil. Impasible ante a deriva. Péchase coa infiltración da partícula. Ritual de benvida. E ocorre, por mandato da natureza, o proceso de transformación. Unha capa. Outra máis. Nácar. A existencia toma forma. A escuridade vólvese brillo.
Unha esfera perfecta nace do accidente. Un final fortuíto. O bivalvo continúa o seu curso, coma se aquilo estivese ditaminado polo destino.